Adro do mosteiro de Conxo durante a celebración do Banquete de Conxo / foto Historia de Galicia

A Xunta quere facer unha “pequena praza do Obradoiro” en Conxo

A Xunta de Galicia quere arranxar a entrada dos Camiños de Santiago na cidade no horizonte do próximo Ano Santo. É por iso que onte a conselleira Ethel Vázquez e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, presentaron a próxima actuación na entrada do Camiño Francés e do Camiño Portugués na cidade. Se para o primeiro levarase adiante unha actuación, necesaria dende vai tempo, entre o Monte do Gozo e o viaduto da AP-9, para o barrio de Conxo, ó pé do mosteiro, a conselleira prevé unha nova e monumental praza. Para ambos investiranse 9 millóns de euros e prevese que se liciten no 2019.

Así o núcleo histórico de Conxo mudará dun xeito importante. Pois construirase unha praza diante da igrexa e do psiquiátrico, nun espazo que a día de hoxe está en parte ocupado por un aparcadoiro. Este lugar dividido por un muro, distribuído en diferentes espazos e a niveis distintos, será substituído por unha praza, ó tempo que se se construirá un novo aparcadoiros á beira do centro de saúde e se calmará o tráfico da zona. A conselleira Ethel Vázquez, tal e como publicaba no día de hoxe La Voz de Galicia, referiuse a esta actuación como unha “pequena praza do Obradoiro” do barrio.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: