En 1467 as tropas dos Irmandiños asaltaban o castelo de Vimianzo. Derrubaban por completo o castelo ata os alicerces e liberaban a todos os habitantes das terras da xurisdición, repartidas entre os concellos de Camariñas, Laxe, Zas, Muxía e o propio Vimianzo, do terror da xustiza feudal. Mais tarde a irmandade foi derrotada e os labregos obrigados a reconstruír o castelo pedra por pedra. Mais as xentes de Vimianzo non esquecen a heroica batalla e, 551 anos despois daquela Guerra Irmandiña, volveron a asaltar lúdicamente o monumental castelo.
E é que ó longo de toda a semana pasada, a vila de Vimianzo urdiu erguerse contra os seus señores. Dende o martes 3 de xullo houbo obradoiros medievais para os cativos, mostra de artesanía ó vivo e visitas guiadas no castelo, pinchos irmandiños nos locais da vila, foliadas, espazos artísticos e representacións teatrais. Celebrouse unha Cea Medieval no foxo e esconxuro da queimada, concertos folk como o de Ialma e rock como Inmaculate Fools, Amparanoia, e Terburalina. Mais á noite do sábado as as xentes da vila, con paus, apeiros de labranza e fachos asaltaron o castelo e queimaron as súas torres, iso si, en medio de reivindicacións igualdade, liberdade social e feminismo. As festas remataron xa con día coa dramatización de Os Quinquilláns.
Pendóns dos Moscoso pendurados do castelo antes do asalto / foto HdG
Grupo de labregos escoitando o son da gaita polas rúas de Vimianzo / foto HdG
Portando un tamboril / foto HdG
Algúns postos de artesanía / foto HdG
Tras os postos as bandeiras engalanaban a vila / / foto HdG
Algúns vilegos protexéndose do sol de xullo antes do asalto / foto HdG
Queixos e embutidos artesanais para coller folgos antes do asalto / foto HdG
A nobreza mésclase cos campesiños na festa / foto HdG
Os vilegos desfrutan da xornada antes da confrontación / foto HdG
Rapaces á agarda do asalto nocturno / foto HdG
As rúas da vila enchidas de xente / foto HdG
Encontros / foto HdG
Gaiteiros e gaiteiras / foto HdG
Posto de percusión tradicional / foto HdG
Os pinchos irmandiños un dos atractivos da festa / foto HdG
Pendóns ameazando o castelo / foto HdG
Recinto para os concertos, moi preto do castelo / foto HdG
O sol de xullo baixo os muros do castel, no foxo / foto HdG
O sol de xullo no patio de armas / foto HdG
O castelo, á noite, agardando ser asaltado foto HdG
Os Irmandiños tratando de derrubar as portas da fortaleza Os vilegos desfrutan da xornada antes da confrontación / foto HdG/ foto HdG
Toda a vila de Vimianzo cos Irmandiños / foto HdG
A vila non pode conter a carraxe/ foto HdG
Derrubar os muros dun castelo nunca foi doado / foto HdG
Mulleres no asalto ao castelo de Vimianzo / foto HdG
Os fachos cos que se iluminou a noite da vila / foto HdG
As xentes do común da vila no asalto / foto HdG
Os fachos ó pé das murallas / foto HdG
E por fin arden os muros do castelo / foto HdG
O fume da conta da victoria / foto HdG
Actuación de Os Quinquilláns no patio de armas / foto HdG
Os Mariño toman o nome dunha serea / foto HdG
O meiriño do castelo, segundo Os Quinquilláns / foto HdG
O castelo non cederá o poder tan facilmente / foto HdG
Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta
Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu
Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Coñecer máis