fbpx
Camiño de Santiago / foto larahcvCC0

Así será o novo logo do Xacobeo

Tempo de lectura: 2 min.

Galicia xa comeza a entrar de cheo no vindeiro Ano Santo, que se celebrará no 2021 e sobre a que haberá unha enorme expectación ó ser o primeiro despois de once anos. E é que a directora de Turismo, a directora xeral de Patrimonio Cultural e a comisaria do Xacobeo 2021 presentaron no día de onte a nova imaxe corporativa do vindeiro Xacobeo 2021. Foi durante a reunión da Comisión Executiva en Madrid do Consello Xacobeo, que inclúe as comunidades polas que pasa o Camiño -País Vasco, Cataluña, Principado de Asturias, Cantabria, A Rioxa, Aragón, Navarra e Castela e León- . Nela se aprobou o logotipo oficial e acordouse pór en marcha os beneficios fiscais a partir de outubro.

Novo logo do Xacobeo / foto xunta.gal

O logotipo, continuista cos dos xacobeos anteriores de 1999, 2004 e 2010, toma como punto de partida a imaxe da vieira sobre fondo encarnado. Porén, esta vez gaña en volume e se simplifica para facilitar a súa aplicación a contornas dixitais sen perder identidade de marca. Tan so se modeláron as nervaduras da vieira para outorgarlles un maior volume e engadiuselle de xeito moi simplificado a “X” do Xacobeo o ano “21”. Segundo a Xunta, creouse ademais unha tipografía específica de trazos suaves aínda que compacta e mantéñense o vermello e o gris como cores corporativas.

Novo logo do Xacobeo / foto xunta.gal

Pode que che interese...