Lavadoiro CC0

Borborás lémbrase dos lavadoiros como elemento patrimonial e rehabilitará cinco

Aínda que semella un elemento que leve toda a vida con nós, as lavadoras eléctricas non foron comercializadas ata o ano 1904, e en Galicia non se popularizarían ata moitas décadas despois. É por isto que lavar a roupa a man nos ríos foi unha tarefa típica da nosa cultura ata non fai tanto, e é por iso que os lavadoiros son elementos imprescindibles do noso patrimonio cultural, como non podía ser de outro xeito no país dos mil ríos. Mais os lavadoiros, por regra xeral, e a pesares da antigüidade dalgúns deles, non están protexidos pola nosa lei de patrimonio. É por isto que moitos Concellos tiveron que tomar a iniciativa de acondicionalos ou rehabilitalos, e aínda que non son poucos os exemplos de lavadoiros renovados en Galicia, moitos outros seguen aínda no esquecemento.

Mais unha das últimas iniciativas por recuperar estas pezas da nosa historia a está a desenvolver o Concello de Borborás que adicará o vindeiro obradoiro de emprego á mellora e acondicionamento de cinco lavadoiros do municipio. Serán os de Liñeriños, Sobredo, a Groba, Brués e Feás, e sumaranse a outros dous xa rehabilitados, San Andrés e Astureses. As obras irán encamiñadas a encintar os vasos para que non perdan a auga e se estraguen por este motivo, rehabilitar os seus teitos a través de estruturas de madeira e tella, e humanizar a súa contorna. Para isto inverteranse un total de 25.000 euros entre Concello e Xunta, que tamén aportara os alumnos do obradoiro.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: