fbpx
Castro a Cibdá en Borneirob / keekeskeeCC0

Cabana celebra un ano máis o seu “Castro Animado”

Tempo de lectura: < 1 min.

O castro de Borneiro ou a Cibdá, en Cabana de Bergantiños, é sen dúbida un dos máis importantes castros de Galicia, tanto polo enclave no que se atopa, a poucos quilómetros do famosos dolmen de Dombate, como por atoparse escavado nas súas tres cuartas partes. Foi descuberto en 1924 por Isidro Parga Pondal, e escavado en 1930 por Sebastián González García-Paz, sendo despois escavado novamente en 1970 e en 1980. É, por todo isto, un dos monumentos máis famosos da Costa da Morte, declarado Ben de Interese cultural no ano 2011.

Mais dende fai xa preto dunha década celébrase neste recinto unha singular festa, mixtura de festa histórica, exaltación do patrimonio e da cultura do concello, no que as xentes de Cabana gozan dunha xornada lúdica e relaxada, con comida popular, visitas guiadas, e vestimentas típicas da época. Este ano celebrarase este sábado día 28 de xullo, e contará coa actuación do Mago Antón, así como do grupo tradicional O Son do Castro. Este ano contará coa particularidade de que as visitas serán teatralizadas e se farán polo grupo teatral Os Quinquilláns que actuarán tamén no Dolmen de Dombate. Serán dous espectáculos “No tempo das pedras” e “Borneiro”.

Novo acceso ó castro de A Cibdá en Borneiro / Íñigo M. Riobó

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...