fbpx
Escravos / foto PubicDomainPicturesCC0

Cando os galegos eran escravos en Cuba

Tempo de lectura: < 1 min.

Non é un xeito de falar. Houbo un tempo no que os galegos foron literalmente escravos na illa de Cuba. Pechados en estancias cheirentas, alimentados con carnes descompostas, obrigados a traballar 15 horas diarias e tratados peor que os escravos africanos, así vivían. Foi en 1854 e ó longo de 15 anos cando 1.744 galegos saíron traballar a Cuba guiados pola Compañía Patriótica Mercantil baixo a proposta do deputado ourensán Urbano Feijóo Sotomayor.

Alí atoparon unha situación que non podían nin imaxinar. Traballando na construción das vías férreas, en cafetais ou en enxeños. Preto de dous milleiros de traballadores galegos novos víronse obrigados a traballar nunhas condicións inhumanas, sen almorzo, en malas casetas e durmindo en camastros, prendidos boa parte do día e sen comunicación co exterior. Ós catro meses das primeiras chegadas xa morreran 500 e os que trataban de fuxir eran eran prendidos e amoreirados en depósitos ou azoutados e enviados ó cepo.

Así, coa cabeza entre madeiros, prendidos ou vagando pola illa mentres o exército os buscaba, trataban de sobrevivir estes galegos, cobrando apenas un xornal inferior que o dos antigos escravos africanos. Isto foi así ata que as denuncias dos familiares tiveron por fin impacto no Goberno. Tras un debate nas decidiuse a necesidade de liberalos das súas obrigas coa compañía e repatrialos. Os informes dos xornais galegos e dos militares que visitaron a illa documentan esta terrible realidade. Cóntanolo Isabel Corbelle no xornal El Progreso.

Pode que che interese...