Claustro Vello do Mosteiro de San Salvador de elanova / foto Jose Antonio Gil Martínez CCBy Wikimedia

Carlos Núñez no dolmen de Dombate e no claustro de Celanova

Carlos Núñez, aposta por concertos nos grandes monumentos galegos, marcos incomparables para fusionar a música do país e celta coa arte e o misterio dos nosos grandes monumentos galegos. Dous deles serán os protagonistas nos vindeiros días, pois Carlos Núñez escollerá tanto o Dolmen de Dombate como o Mosteiro de Celanova como marco para dous dos seus vindeiros concertos. O primeiro de eles será mañá, día 24 de xullo no sensacional claustro do mosteiro de San Salvador de Celanova. Dúas semanas despois escollerá o Concello de Cabana de Bergantiños para o seu vindeiro concerto, o día 13 de agosto ó pé do Dolmen de Dombate no que tocará xunto a agrupación local Sons do Castro. Ambos serán de pago e con aforo limitado.

Carlos Núñez é sen dúbida o gaiteiro por excelencia de Galicia, ó ser quen de actualizar a música tradicional, fusionala coas músicas de todo o marco atlántico europeo e levala ós escenarios de todo o mundo. Carlos Naceu en 1971 nunha familia comunista, xa que o seu pai militaba no PCG. Comezou a tocar a gaita ós 8 anos e tocando xa ós 12 coa Orquestra Sinfónica de Lorient. Despois foi premio Extraordinario de Fin de Carreira e Matrícula de Honra no Real Conservatorio de Música de Madrid, sendo, ademais de músico, investigador. A súa fama mundial veu tralo seu traballo coa histórica banda irlandesa The Chieftains, coa que colaborou en varios discos. Mais tarde serían eles quenes colaborarían nos xa mundialmente afamados discos de Carlos.

Dolmen de Dombate / foto Íñigo M. Riobó

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: