fbpx
Mosteiro de Carboeiro / foto AlmaCCBy Wikimedia

Como visitar Carboeiro este verán

Tempo de lectura: < 1 min.

Carboeiro ten por fin horario de verán. O histórico mosteiro do corazón de Galicia, no concello de Silleda, poderá visitarse un ano máis en horario estendido. O mosteiro abrirá de martes a venres en horario de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:30 horas. Os sábados e domingos estará aberto de xeito ininterrompido dende as 11:00 ás 20:30 horas. Pola contra, do mesmo xeito que calquera museo e como ven sendo habitual no recinto, os luns estará pechado. Este horario manterase durante os meses de xullo e agosto.

A apertura do novo horario de verán coincide coa incorporación dun bolseiro a través do plan de práctica laboral da Deputación de Pontevedra. Isto permite “ó contar con dúas persoas atendendo o mosteiro e afrontar un ano máis esta ampliación dos horarios”, explicaba a concelleira de Turismo Ana Luisa González. Segundo ela ademais a época estival coincide co maior número de visitantes do mosteiro e do seu entorno que se sitúa arredor das 20.000 entradas anuais.

E é que o mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, ademais de ser unha das xoias do románico cisterciense galego, atópase nun dos espazos naturais máis privilexiados do corazón de Galicia. Dende el saen diversos roteiros de senderismo, entre eles un dos máis famosos de Galicia, aquel que partindo do mosteiro e seguindo o curso do río Deza, leva ata a famosa Fervenza do Toxa, a de maior altura de caída GaliciaNeste roteiro nos poderemos bañar no río, na área recreativa da Carixa, visitar a ermida de San Paio, os Baños do Brea ou o camiño medieval que cruza a Ponte do Demo. Mais tamén hai outros roteiros dende o mosteiro, dende o salto, ou nos arredores. Poden consultarse en Wikiloc ou na web do Concello de Silleda.

Pode que che interese...