fbpx
Cumios do Courel nevados / Íñigo M. Riobó

Continúa o progreso da candidatura a Xeoparque das Montañas do Courel

Tempo de lectura: < 1 min.

Como xa contamos noutros artigos, as Montañas do Courel están na loita por converterse no primeiro Xeoparque Mundial do noroeste peninsular, unha distinción que, de ser seleccionados, será concedida pola UNESCO. As Montañas do Courel seguen competindo con diferentes candidaturas ó longo de todo o globo e, ata o de agora, a candidatura das montañas galegas segue a causar boa impresión. E é que, precisamente, o pasado martes a candidatura tivo unha nova avaliación, esta vez in situ, por parte do organismo internacional, recibindo a visita de varios avaliadores. O Museo Etnográfico de Quiroga foi o marco e, segundo publica El Progreso, a candidatura segue a manterse en moi boa dirección.

Pode que che interese...