Convento de Nosa Señora de Valdeflores en Viveiro /foto DavidCCBy Wikimedia

Desaparecen dous códices dun convento de Viveiro que será abandonado por falta de monxas

Nosa Señora de Valdeflores é un mosteiro da orde dominica situado na parroquia de Magazos, no concello de Viveiro. Foi fundado no século XV, posuíndo elementos desta época, como a súa igrexa de estilo gótico con tallas da mesma época, e dependencias monásticas, incluído un claustro, do século XVII. Pertence a orde dos Pregadores, unha derivación dos Dominicos fundada no século XII en Castela por Domingos de Guzmán. Dende hai sete séculos vive esta congregación no mosteiro.

Porén o pasado 18 de xuño o mosteiro poñía fin á súa longa historia relixiosa e, por tanto a un futuro, declive de patrimonio material e inmaterial. E é que a vocacións nesta congregación de clausura acabaron por esgotalo. Ata non hai moito eran tan so nove as relixiosas que quedaban no convento. O pasado xuño so quedaban seis monxas de avanzada idade que, finalmente este venres nunha reunión da congregación decidiron definitivamente non seguir neste convento. De feito xa o pasado día 18 do mes pasado abandonaran a congregación, sendo agora, un mes despois, a data na que se toma a decisión para o abandono definitivo. Trasladáronse a Orihuela Alicante.

Ademais o propio abandono do lugar, tivo un feito aínda de maior gravidade. Foi cando a última nai priora de Valdeflores denunciou a desaparición de dous códices pouco antes de irse. Deu parte disto en Orihuela quen trasladou os feitos ó xulgado de Viveiro, e neste momento a Policía Nacional está a investigar os feitos. Foi Sor Begoña archiveira do mosteiro a que deu a voz de alarma. Trátase de dous cantorais duns 15 quilos de peso e con cubertas de madeira datados do século XVIII. Mais a Policía Nacional agarda a autorización para acceder o xa desocupado mosteiro. A hipótese que se baralla é que foran subtraídos ou incluso que se atopen extraviados nas dependencias do extenso convento.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: