Un bosque / foto Free-PhotosCC0

Descobren enterrada nun bosque de Ribas de Sil unha igrexa renacentista

O monte galego non deixa de dar sorpresas patrimoniais. Nesta ocasión foi no fondo dun bosque entre a maleza, no concello de Ribas de Sil, entre as localidades de Soutordei e Piñeira onde nos pasados días aparecían as ruínas dunha igrexa de estilo renacentista, probablemente do último renacemento, manierista ou comezos do barroco. Os restos apareceron agochados entre a vexetación nunha fraga coñecida como a fraga do Santo.

O lugar foi visitado polo arqueólogo Iván Álvarez Merayo e o representante do Concello Roberto Castro, quenes coas indicacións de dous rapaces novos e a orientación da súa avoa antes de morrer deron co lugar. Alí apareceu o que parece ser a fachada occidental dunha igrexa que podería ser na súa orixe de relativo bo tamaño. Segundo as primeiras pesquisas non se coñecen documentos sobre ela nin do momento en que foi abandonada. A nova a recolle a edición de Lemos de La Voz de Galicia.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: