fbpx
Dolmen de Dombate / foto Íñigo M. Riobó

Éxito de visitantes no dolmen de Dombate na súa campaña de maio e xuño

Tempo de lectura: 2 min.

O Dolmen de Dombate cumpríu de xeito excepcional as expectativas e colleita un gran éxito de visitantes nos meses de maio e xuño. Os dous meses tradicionalmente non son necesariamente dos mellores para o turismo ó atoparse aínda ás portas do verán. E é que o monumento recibiu de feito un total de 6.172 visitantes en tan so dous meses, un incremento moi considerable perante o ano anterior. O motivo, porén, foi sen dúbida a campaña de Obradoiros de Prehistoria para Escolares, organizada polo Concello de Cabana de Bergantiños coa colaboración da Deputación da Coruña. Pois desta cifra mais de 4.500 foron dos propios centros escolares que participaron, preto dun 75% do total.

É por isto que a campaña resultou ser un éxito, pois, tal e como contamos no seu día, participaron rapaces de máis de 40 centros de ensinanza, non so da zona e de toda a provincia, senón de lugares tan afastados como Bertamiráns, Lugo ou Pontevedra.  Os obradoiros desenvolvéronse no Centro de Interpretación do Dolmen de Dombate, espazo de interpretación ó pé do dolmen. O obxectivo era dar a coñecer ós cativos dun xeito lúdico e experimental os xeitos de vida do neolítico e os cambios que supuxo esta etapa para o ser humano, comprender o fenómeno do megalitismo e o propio dolmen, así como a importancia do Patrimonio Cultural e da profesión da arqueoloxía.

E é que, sen dúbida, o que máis destacou neste programa de actividades foi a excepcionalidade dos obradoiros a desenvolver. Deseñados especificamente para cada ciclo escolar, tiveron como obxectivo que os rapaces comprendan por eles mesmos tanto os sistemas de produción da cultura material relacionada co megalitismo, como o traballo dos arqueólogos e arqueólogas. Tiveron como . Houbo obradoiros de pinturas máxicas, tecido, cerámica e ondas sonoras,  alumeado, Azagaias, arcos e frechas.

Pode que che interese...