Restos dun muro amoreirados no Castelo de Monterrei / foto Comarca de Monterrei facebook.com

O derrube de muros pon a guinda final ós destrozos do castelo de Monterrei

Os destrozos no entorno do Castelo de Monterrei semellan non ter fin. Se como informamos ó longo dos últimos meses, un camiño do século XVI desaparecía debaixo dunha capa de formigón, a pesares das continuas protestas e queixas dos veciños, nos últimos días a historia dos despropósitos co patrimonio continúa co derrube de varios dos muros que formaban parte deste camiño, así como outros nas inmediacións. E é que, como recollían algúns veciños unha vez máis nas redes sociais da Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei, a construción levouse por diante varios muros que cercaban os camiños e que formarían parte do entorno do propio castelo.

E é que, para ampliar a calzada e permitir o xiro, un dos muros de peche do camiño orixinal foi derrubado, as súas pedras amoreiradas e despois, aparentemente, reconstruído en parte un pouco adiantado. Pola contra, en outra zona dos accesos, algunhas das grandes pedras dos muros medievais do castelo foron desprazadas e retiradas para permitir tamén as obras. Por último, sinal do que está a acontecer no castelo, un dos veciños colgaba na plataforma unha singular foto dunha formigoneira aparcada ó pé dos baluartes.

Outro dos desperfectos no castelo / foto Comarca de Monterrei facebook.com

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: