fbpx
O Sol. 1967. Luís Seoane. Colección privada.

O Día das Artes de 2019 homenaxeará a Luis Seoane

Tempo de lectura: < 1 min.

Se este ano 2018 o arquitecto Alejandro de la Sota foi o protagonista, con homenaxes tan importantes como a exposición antolóxica organizada no Museo de Pontevedra, no vindeiro ano 2019 será o pintor Luís Seoane o que tome o revelo desta celebración. Pois a Real Academia Galega de Belas Artes, na sesión celebrada o pasado sábado en San Xerome, decidiu concederlle a honra a este sensacional artista galego, un dos grandes pintores da vangarda do noso país. 

O Día das Artes Galegas é unha celebración instaurada pola Real Academia no ano 2015 e que se celebra dende aquela cada 1 de abril. Nese día do ano 1188 o Mestre Mateo dirixiu a colocación dos linteis do Pórtico da Gloria. Ata o de agora os homenaxeados foron o propio Mestre Mateo, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Maruxa Mallo, Alejandro de la Sota e xa no vindeiro 2019 o xenial pintor.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...