Busto de Antón Fraguas na avenida do seu nome, en Santiago de Compostela / foto LameiroCCBy Wikimwdia

O Día das Letras Galegas de 2019 dedicarase a Antón Fraguas, o impulsor do Museo do Pobo Galego

O etnógrafo Antón Fraguas será o protagonista do Día das Letras Galegas de 2019. Así o acordou o Pleno da Real Academia Galega na sesión celebrada na sede da institución na rúa Tabernas da Coruña de este sábado, e que o dou a coñecer esta mesma mañá. A elección foi unha vez máis en detrimento do outro nome en mente, Ricardo Carvalho Calero, o gran impulsor dunha gramática reintegracionista do noso idioma e que leva xa bastantes anos entre os candidatos. Neste caso a honra levouna o profesor e investigador de Cotobade, pola súa importante contribución a normalización do noso idioma na docencia e na investigación.

E é que Antón Fraguas foi unha das figuras máis determinantes para artellar a defensa da cultura e da lingua de Galicia dende o primeiro terzo do século XX ata a propia Transición, sendo ademais unha das personalidades depuradas profesionalmente polo Franquismo. Foi membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos, sendo un dos seus impulsores e inaugurando, xunto a Otero Predayo, os estudos de xeografía e antropoloxía galega. Como todos os grandes impulsores desta institución publicou nas revistas Nós e A Nosa Terra, desenvolvendo tamén os primeiros traballos divulgativos sobre a cultura de Galicia.

No ano 1933 incorporarase ó ensino na Estrada, máis co golpe de estado as autoridades franquistas o afastarán do ensino, cortando de raíz o seu traballo. Foi detido pola súa militancia e obrigado a facer traballos degradantes. Finalmente no ano 1950 pode regresar ó ensino, impartindo de novo clases en Lugo e en Compostela. Xa na Transición desenvolveu importantes traballos de investigación no Instituto Padre Sarmiento e na Real Academia Galega, onde foi un dos seus membros destacados. Tamén nesta época participa na creación do Museo do Pobo Galego, sendo o seu impulsor e o seu primeiro director. Falecería no ano 1999 con múltiples recoñecementos.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: