Pintura de Carlos Maside / foto Galicia Confidencial

O Museo do Pobo Galego exhibirá a maior parte do legado de Carlos Maside

A obra do histórico pintor Carlos Maside será exposta no Museo do Pobo Galego. E é que será exhibida de xeito permanente nunha ampliación do antigo convento dominico. Esta exposición, ademais de brindarnos a ocasión de facer visitable a obra do pintor, cumpre tamén o sono ou desexo do artista de ver as súas principais pinturas expostas na capital Galega. Serán un total de 21 cadros, deles 13 son óleos sobre lenzo, 1 pastel, 3 gouache e 4 debuxos a lapis que abranguen as décadas de 1930, 1940 e 1950. Será un conxunto de pinturas dunha máis que excepcional importancia para coñecer a arte da vangarda pictórica galega. A nova a publicaba no día de onte o xornal Galicia Confidencial.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: