fbpx
Ponte do Burgo, en Pontevedra / pontevedraviva.com

Pontevedra agarda espectante a peonización da súa ponte do Burgo

Tempo de lectura: 5 min.

A ponte do Burgo de Pontevedra é de orixe medieval e salva o río Lérez xusto na saída da vila cara o norte ó pé do Camiño Portugués. A ponte é unha das razóns de ser da cidade e dálle nome de feito, ó localizarse ó pé da actual, a desaparecida Pontis Veteris. Moi reformada ó longa da historia, especialmente no ano 1954 cando se adaptou realmente ó tráfico, hoxe en día segue a soportar o paso dos vehículos a motor sobre ela a pesares de atoparse ó pé doutras cinco pontes reservadas para o tráfico.

Mais o Concello de Pontevedra xa leva tempo coa idea de renovar a ponte do Burgo. De feito o proceso de rehabilitación e peonización xa foi aprobado no pasado ano 2017, e agardase que en breve se poñan en marcha as obras. Para isto o Concello, con fondos da Unión Europea e propios, destinará un orzamento de 1,7 millóns de euros ós que se lle engadirían 800.000 euros máis destinados á súa nova iluminación. A intervención implicaría actuar sobre 6.758 metros cadrados, que engadirían ós 1.780 da propia ponte 4.978 máis nas súas beiras.

Converter a ponte nun dos principais monumentos da cidade

Segundo o proxecto, non se eliminará o engadido de 1954 pero si se lle devolverá unha imaxe histórica. Esta será con grandes laxas de pedra e coa supresión das beirarrúas, así como renovando tamén a iluminación. Así, actuarase na propia ponte, pero tamén nos grandes espazos que a anteceden, creando un gran espazo de tránsito monumental entre o sensacional casco histórico da vila e o barrio superpontem que ocupa hoxe a avenida de Fontán.

A reforma farase para isto en tres zonas. A zona subpontem, a propia ponte, e a zona de Fontán. Para a primeira prevese unha actuación de 863 metros cuadrados, entendidos como un gran paso de peóns sobreelevado para unir o viaducto coa praza de Valentín García Escudero. A segunda actuación será a da propia ponte, cunha superficie de 1.780 metros cuadrados, configurándose unha plataforma única de grandes lousas de pedra e eliminando o tráfico, deixando para os peóns un paseo de once metros de ancho. Por último na zona norte, a de maior tamaño, eliminarase a rotonda actual e crearase unha gran praza de 4.141 metros cuadrados na que se plantarán 40 árbores.

Proxecto de reforma da Ponte do Burgo e contorna / foto maismodelo.pontevedra.gal

Ademais do novo tableiro a ponte contará cunha nova baranda de aceiro, que a súa vez será un dos elementos clave do seu novo sistema de iluminación a través de leds. A ponte daquela prescindirá das tradicionais farolas, e engadirá pola contra un sistema de iluminación lateral con dúas zonas, unha de luz azul, a nivel do chan, para marcar o camiño de Santiago, outra de luz branca a nivel do pasamán que engadirá unha luz de visibilidade bastante atractiva e matizada. No exterior os arcos contarán cun sistema semellante que destacará o intradorso e o seu frontal, cunha luz progresiva que permitirá modificar as cores e que semellará sair do interior da auga.

A Ponte das Correntes

Mais, aínda que semella que a desta ponte fora unha das grandes materias pendentes da cidade, ó certo é que para a súa rehabilitación, peonización e posta en valor o Concello de Pontevedra tivo que desenvolver antes algunhas accións previas. A máis importante foi a construción da ponte das Correntes, inaugurada no ano 2012, unha obra considerada unha das máis importantes desenvolvidas nos últimos anos pola corporación e que contou cun orzamento de 7 millóns de euros.

Porén, a Ponte das Correntes non foi so un proxecto para liberar a ponte do Burgo, aínda que este aspecto debeu de pesar moito na súa construcción, senón que con esta ponte Lores pretendía remodelar por completo todo o tráfico da cidade. A ponte, pretendía aportar un novo acceso ó pé da A-9, da estrada de Vilarcía e da entrada ó Concello de Poio. Tratábasede liberar parcialmente de tráfico a ponte da Barca, e semipeonizala e evitar así que as rúas Etxegarai e avenida de Colón do tráfico rodado, deixando para isto a avenida de Uruguai.

Ponte das Corresntes, vista xeral / foto xuuxuuCC0

A primeira pedra de esta ponte, que sería a sétima da cidade, poríase no ano 2008 e empregaríanse preto de máis tres anos e medio para a súa construción. Mais o bloqueo da Xunta, da ponte do Barca non permitiu semipeonización da Barca, e falta de acordo co Estado tampouco permitiu a ordenación do acceso a A-9 e a reorganización do tráfico na zona da rotonda de Bombeiros, o certo é que a ponte dende a súa apertura facilitou especeialmente ó acceso á cidade dende estas zonas e liberou de feito a propia ponte do Burgo, apenas empregada polo tráfico dende aquela.

Unha das razóns de ser da cidade

A construción da ponte dataría de época romana cando o lugar era atravesado pola vía XX. No lugar atoparíase a mansio Turoqua, achándose en escavacións da zona transpontem restos arqueolóxicos que farían referencia a esta. A ponte romana sería substituída no século XII, por unha nova que, segundo os investigadores, se construiría á beira da romana dando lugar así a denominación de Pontis Veteris que se metonimizaría co conxunto da cidade. A primeira referencia sería do ano 1165 cando Fernando II de León e Galicia e Afonso de Portugal asinan a Pax Super Flumen Lerice Pontem.

A ponte nova constaría de 15 arcos e dous estribos nun conxunto duns 30 metros, lixeiramente máis amplo que o actual. Na vista de Pontevedra de Pier María Baldi de 1669 vese unha ponte deste número de arcos nunha Pontevedra amurallada e un amplo barrio superpontem separado cun arco do propio paso que seguramente se correspondería cunha torre destruída en 1805. Ata o século XIX habería tamén un cruceiro no centro da ponte que se trasladaría a Praza da Leña. Ten reconstrucións ó longo de varias épocas que non están de todo documentadas aínda que si desfeitas como as acontecidas en 1464 e 1658 e 1719.

En 1901 faríase unha ampliación para anchear a estrada de acceso á cidade dende o norte, mais posiblemente esta ampliación non fora especialmente traumática para o monumento. Porén, a gran reforma que ocultaría plenamente a traza anterior se faría en 1953-1954, cando, pousados sobre os tallamares, se coloca unha ampliación por medio de arcos escarzados de cantería, en lugar de, coma noutras pontes taboleiro de formigón. Estes son os que dan a icónica imaxe da ponte con cunchas de vieira nos frontis exteriores. A ponte mantívose así ata o día de hoxe.

Igrexa da Peregrina / foto eladinocabanelasCC0

Pode que che interese...