Castelo de Moeche / foto CertoXornalNoiaCCBy Wikimedia

Queres revivir en persoa os últimos días do castelo de Moeche?

Entre as comarcas Ferrol e Ortegal, perdido entre os montes ó pé das serras da Faladoira, se atopa un dos castelos que foron máis directamente protagonistas da historia da Galicia medieval. É o castelo de Moeche, no concello do mesmo nome. Un castelo do século XIV que sufriu algúns dos episodios máis importantes desta época. Foi cando Nuno Freire de Andrade O Mao, despois de fuxir de Pontedeume, é asediado pola Irmandade Fusquenlla de Roi Xordo. Foi tamén testemuña da última batalla de Henrique de Trastámara, Beltrán du Guesclin e Fernán Pérez de Andrade contra Pedro I o Cruel.

Mais, como serían aqueles históricos acontecementos? O Concello de Moeche está disposto a imaxinalo. É é que para isto ó longo de todos os venres de xullo e agosto, ás 21.00 horas, o Concello organizará un espectáculo que pretende recrear a vida en aquel vello castelo e parte dos importantes acontecementos que nel tiveron lugar. Será a través do grupo teatral Os Quinquilláns que guiarán visitas teatralizadas nocturnas polo castelo para contarnos as historias que alí aconteceron e imaxinar moitas outras.

O espectáculo que leva por nome “A porta aberta do Castelo de Moeche” é unha iniciativa do propio Concello que conta co apoio da Deputación Provincial da Coruña. Fálanos da apresurada fuxida do señor Nuno Freire acosado pola Irmandade e dunha parte do seu séquito que o grupo de teatro imaxinou que podería quedar nel. Estes nárrannos estancia por estancia as historias do castelo. As visitas teatralizadas terán un prezo de 3€ cun desconto do 50% para xubilados, menores de 16 e mozas e mozos co Carné Xove. Para asistir é preciso reservar praza no teléfono 981 404 006.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: