Detalle das pinturas murais de Santa María das Virtudes de Arante, Ribadeo / foto Concello de Ribadeo

Queres visitar unha das xoias da pintura mural renacentista de Galicia?

O Santuario de Nosa Señora das Virtudes atópase no lugar da Ponte de Arante moi preto do propio Camiño do Norte de Santiago de Compostela no concello de Ribadeo. Trátase dunha construción sinxela pero moi antiga xa que a orixe deste templo data de finais do século XIV, aínda que se reformara en varias ocasións. É tamén un santuario moi venerado e visitado polos fieis dende tempos inmemoriais, por causa da fama milagreira dalgunha das súas tallas. Mais o santuario destaca sobre todo polas súas pinturas murais, un dos conxuntos mellor conservados de Galicia e cun rico programa iconográfico, que se corresponden cos séculos XV, XVI e XVII.

Mais precisamente nos últimos anos o Concello de Ribadeo está a desenvolver un esforzo importante por divulgar a importancia artística deste santuario. Unha vez máis volverá a facer visitas guiadas a el ó longo de todo o mes de agosto. Nesta ocasión levarán por título “A ponte no Camiño Norte de Santiago”, e ademais da igrexa visitaranse algúns puntos do camiño coma a ponte de Arante, un dos lugares cunha especial significación na Guerra de Independencia contra as tropas de Napoleóns en Galicia. Faranse os domingos 5, 12, 19 e 26 de agosto ás 11:30 horas. As visitas serán de balde.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: