Castro do Vilar, en Folgoso do Courel / ManuelCouce-Flickr

Rapaces de diferentes países axudarán a recuperar unha abellariza en Quiroga e a promover o Xeoparque do Courel

Quiroga porá en marcha nos próximos días un campo de traballo internacional no Concello. Nel participarán 13 mozas e mozos procedentes de Rusia, Francia e España, e de catro comunidades autónomas, entre elas de diferentes lugares de Galicia. As mozas e mozos de entre 19 e os 27 anos, instalados no Albergue Municipal de Quiroga, participarán en diferentes actividades, como o acondicionamento das zonas verdes da vila. Entre estos estará a limpeza dunha abellariza tradicional emprazada no lugar de Bustelo de Fisteus, ó carón da estrada que une Quiroga coa Cruz de Outeiro. Tamén está previsto que desenvolvan a creación dunha canle de Youtube e varios vídeos para apoiar a candidatura de Xeoparque as Montañas do Courel perante a UNESCO.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: