fbpx
Un tendal / foto MaaarkCC0

Rehabilitan en Ribeira un lavadoiro de 28 metros de longo

Tempo de lectura: < 1 min.

Os lavadoiros comezan a ser tamén protagonistas. Se vai unha s semanas falabamos da rehabilitación de varios lavadoiros en Borborás, agora o Concello de Ribeira rehabilitará un de, nin máis nin menos que, 28 metros de longo. É o maior do concello e un dos máis longos de Galicia e ocupa unha superficie de 250 metros cadrados. A súa rehabilitación, implicará a recuperación do propio lavadoiro, a súa limpeza, abastecemento e reenchido, a recuperación do enlousado orixinal de pedra, complementado con adoquín, e a recuperación dunha bancada corrida de pedra. Tamén a retirada dunha teitume construída na década de 1970 de cerchas de aceiro sobre columnas de formigón. A obra correrá a cargo da empresa Sonense de Granitos S.L., baixo o proxecto do arquitecto Carlos Seoane. O Concello investirá nel un total de 41.338 euros.

Pode que che interese...