Claustro do Mosteiro de Armenteira / foto MagicboiroCC0

Serías quen de vivir coma unha relixiosa de Armenteira?

Serías quen de vivir nunha comunidade de clausura por unha fin de semana? A comunidade de relixiosas de clausura do mosteiro de Armenteira no concello de Meis, no Salnés, ofrecen a posibilidade. Trátase de compartir durante tres días a mesma vida que a dunha monxa cisterciense. Traballo, oración elaboración de xabóns e produtos cosméticos, recollemento e algunhas charlas sobre a experiencia monástica nun espazo único de Galicia. Será entre 21 e o 23 de xullo, haberá unha segunda convocatoria en agosto e poderán participar tanto homes como mulleres menores de 45 anos. Para informarte podes entrar na páxina web da congregación.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: