Pórtico da Gloria antes da restauración / foto OpinadorCCBy Wikimedia

Sir Charles Robinson, o lord inglés que estragou o Pórtico da Gloria para facer unha réplica

A mediados do século XIX Sir Charles Robinson (1824-1913), o conservador do South Kensington Museum de Londres, coñecía á perfección ó Pórtico da Gloria. Sabía sobradamente da importancia desta obra única do románico europeo e a comparaba coa Capela Sixtina de Miguel Anxo ou as Portas do Paraíso de Ghiberti, pois para el era unha das obras cumio da arte europea de todos os tempos. A admiración do restaurador era tal que, nunha época na que os museos europeos e americanos adoitaban mercar conxuntos escultóricos e arquitectónicos completos, peza a peza, o conservador británico soñaba unicamente con ter simplemente unha réplica no seu museo.

Pórtico da Cloria no século XIX / foto Wikimedia CC0PD

Foi daquela cando tirou dun dos seus empregados estrela, Domenico Brucciani “Formatore” que traballaba en exclusividade para o British Museum e o propio South Kensingtion Museum. O seu traballo, facer baleirados de escaiola das obras máis importantes do mundo para desenvolver despois reprodución exactas a escala 1:1 para estes dous museos londinenses. Daquela contando co beneplácito das autoridades eclesiásticas e civís da cidade, Sir Charles Robinson, decidiu sacar o seu propio modelo da sensacional obra do Mestres Mateo.

Así a reprodución exporíase nun conxunto de salas construídas a medida do pórtico, na zona de reproducións do museo chamadas Cast Courts. Neste lugar do museo londinense, hoxe chamado Victoria&Albert Museum, fica dende 1873 esta reprodución a escala natural do pórtico. Se ben é certo que esta representación do pórtico significou sen dúbida a posta en valor e o coñecemento da sensacional obra polos visitantes de medio mundo desta importante institución londinense, a creación do molde significaría tamén, segundo se contou por moito tempo no mundo da arte da cidade, a perda de boa parte das cores orixinais do pórtico.

Sexa de certo lenda ou en boa medida realidade, ó certo é que as policromías perderon en parte a imaxe anterior ó molde. Mais a espectacular obra cumio do noso románico, como en tantas outras pinturas das catedrais galegas, a policromía foise perdendo cos séculos, debido a nosa terrible humidade e as filtracións, pervivindo baixo unha grosa capa de po e cinzas. Eses restos de policromía volveron a ver de novo a luz despois da restauración. O pórtico foi inaugurado o pasado luns por unha delegación do goberno galego, central e da Xefatura do Estado, aínda que ó cidadán do común aínda teña que agardar unhas semanas para velo.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: