Imaxe dunha das frontes da Segunda Guerra Mundial / foto jarmolukCC0

Transcriben o diario dun soldado de Corcubión que combateu no exército nazi

A División Azul máis coñecida como Blaue Division en Alemaña foi unha unidade de voluntarios españois que serviu ó exército nazi na Segunda Guerra Mundial, entre 1941 e 1943. Neste exército estivo, entre moitos outros, Tito Mosteyrín, un mozo de Corcubión que se alistou para combater na fronte oriental contra o exército ruso. Tito podería, como tantos soldados de distintos bandos, morrer na fronte ou simplemente desaparecer na historia de non ser polo feito de legarlle á súa familia un diario manuscrito da súa experiencia na guerra, así como un conxunto de efectos persoais e fotos da mesma tiradas coa súa cámara Leica.

Das súas experiencias anotadas con detalle nunha das frontes de guerra máis importantes de toda a historia, fixéronse eco as súas sobriñas, que tomaron a iniciativa de transcribir as memorias de Tito. Tal e como afirma El Correo Gallego, este legado é dun importante valor documental, e, segundo o xornal, varios historiadores mostraron o seu interese nel. En 1941, momento no que se alista Mosteyrín Galicia vivía en plena posguerra española, e moitos mozos se viron obrigados por diferentes motivos a alistarse nos diferentes exércitos franquistas. Mosteyrín viviu para contalo, e agora o seu legado pode ser un documento único para coñecer como viviron os galegos a guerra na fronte rusa.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: