fbpx
Un Bosque / foto LUM3NCC0

Un erro co Carbono-14 podería desenmascarar o xacemento realmente máis antigo de Galicia

Tempo de lectura: 2 min.

Fai preto dun mes falábamos no noso xornal do xacemento de Porto Maior de As Neves, o de maior antigüidade de Galicia. Contábamos tamén como se iniciaban de novo as obras de escavación no xacemento. Un mes despois comeza o traballo en outro lugar non moi lonxano e que podería competir en antigüidade e importancia co das Neves. Falamos do xacemento das Gándaras de Budiño, no concello de Porriño, sen dúbida un dos máis importantes do paleolítico galego.

Descuberto en 1961, foi un dos xacementos de referencia de Galicia. Escavado orixinariamente por Emiliano Aguirre, o impulsor de Atapuerca, os estudos sobre o lugar determinaron que tería unha antigüidade duns 26.000 anos, unha cronoloxía que se sae do común. Isto levou ós investigadores á concluír que o noroeste da Península Ibérica puidera ter un paleolítico atípico e anacrónico, algo semellante a un paleolítico tardío. Mais os actuais estudos que se comezarán estes días van encamiñados a demostrar que se tratou dun erro. Pois no proceso de datación co Carbono-14 non se tomaron en conta algúns baremos que o farían aínda máis antigo, co que o xacemento podería ser de feito o de maior antigüidade de Galicia, competindo co propio de As Neves, estudado polo mesmo equipo.

De feito as escavacións, igual que no xacemento de As Neves enmárcanse dentro do proxecto internacional Minho/Miño: Os primeiros poboadores do río Miño desenvolvido de xeito simultáneo en Galicia e no Norte de Portugal. No proxecto transfronteirizo colaboran investigadores de diferentes centros nacionais e internacionais, como as universidades de Lisboa, Porto, Minho e Adelaide de Australia, o Australian  Research Centre  for  Human  Evolution (ARCHE) e o Cento Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana (CENIEH). A nova, que pode ser unha das novas do ano para o mundo da arqueoloxía, a recolle no día de hoxe a edición de Vigo de La Voz de Galicia.

Pode que che interese...