fbpx
Un bifaz amigdaloide / foto José-Manuel Benito Álvarez WikimediaCCBy

Un tigre, bifaces, bolas de canón ou arte sacra do século XIV, nun almacén ilegal desmantelado en Salvaterra

Tempo de lectura: < 1 min.

Pezas arqueolóxicas paleolíticas como bifaces, bolas de canón, medio centenar de tallas de arte sacro datadas polos expertos entre os séculos XIV e XIX, armas históricas, fusís, pezas de marfil, moitas delas talladas, e unha máis que ampla colección de animais protexidos disecadas coma un tigre, o pescozo dunha xirafa ou un leopardo das neves. Este é o exótico almacén que o Seprona desmantelou nos pasados días en Salvaterra, despois de que a venta a través de internet dunha pata de hipopótamo déralle a alarma á Garda Civil.

Deuse daquela cun almacén que se dedicaba ó comercio ilegal de arte sacra e máis ó tráfico de especies protexidas, nun pazo de Salvaterra, así coma noutras dependencias da súa contorna. A operación foi chamada Hiposacro e nela un cidadán con dobre nacionalidade española e francesa foi detido e está en liberdade con cargos. Impútanselle delitos con a fauna, contra o patrimonio histórico e cultural, tenencia ilícita de armas e contrabando. A nova a recolle La Voz de Galicia.

Pode que che interese...