fbpx
Castro de Troña e capela das Pías, Ponteareas / Wikimedia

Unha subvención fará que castro de Troña entre no século XXI

Tempo de lectura: 2 min.

O Concello de Ponteareas actualizará a labor divulgativa sobre o castro de Troña. Será a través dunha subvención da Deputación de Pontevedra para a sinalización do xacemento. O obxectivo é que se poda acceder á información actualizada sobre o castro a través do teléfono móbil mediante códigos bidi e mediante unha app. E é que a Xunta de goberno da Deputación ven de aprobar a concesión dunha subvención de 24.387,98€ para o proxecto de “actuacións no Castro de Troña” que ofrecerá ós visitantes “unha información didáctica e actualizada con sistemas de comunicación contemporáneos propios dos tempos nos que vivimos”.

O xacemento, que está catalogado como Ben de Interese Cultural, entrará así nunha era na que a colaboración entre a o patrimonio cultural e as novas tecnoloxías sexa unha realidade diaria en prol do usuario. Pois xa é habitual en moitos elementos patrimoniais que a información e a tecnoloxía vaian da man á hora de divulgar os seus valores. Así, revalorizarase o castro con paneis dixitais interpretativos que percorran a historia  lembrando as primeiras escavacións realizadas na década de 1920 e que permitan ao público obter unha información e coñecementos actualizados sen a necesidade do acompañamento dun guía.

Así, calquera visitante poderá obter maior información accedendo a través do teléfono móbil e coñecer tanto da parte histórica, como arqueolóxica e social. As actuacións de mellora e revalorización de Troña, que é un dos valores turísticos máis relevantes de Ponteareas, comezarán nas vindeiras semanas unha vez obtido o permiso de Patrimonio. Tamén o proxecto contempla crear unha ferramenta informática innovadora, unha app, que permita xeolocalizar o patrimonio arqueolóxico do val do Tea a través desta app, e acceder a través dun código Bidi. Esta ferramenta tecnolóxica terá a lingua galega como idioma preferente, aínda que a información estará dispoñible en castelán e inglés.

Ademais, actualizarase a información interpretativa existente no xacemento coa substitución dos paneis informativos. Pois estes se atopan totalmente degradada e obsoleto a causa da mala calidade dos materiais utilizados na súa construción, ó estar feitos de madeira aglomerada, deixando ós visitantes sen a pertinente información. Para isto instalarase dun total de 10 picas interpretativas no xacemento, xusto nos puntos nos que actualmente están instalados os sinais deteriorados.

Pode que che interese...