Mosteiro de Carboeiro / foto AlmaCCBy Wikimedia

Xuño, mes record para Carboeiro

O mosteiro de Carboeiro está a converterse nun dos referentes do turismo no interior de Galicia. E é que no pasado mes de xuño ven de bater, unha vez máis, un novo record de visitas, cun total de 2.762 entradas, case 700 máis que no mesmo mes do ano pasado, unha cifra que nunca se dera nese mes ata o de agora. Así, no que va de ano leva xa 8.138 as visitas rexistradas, unha cifra moderada en comparación coa dos meses de verán que poderían seguir a tendencia deste xuño. “Aínda que xullo e agosto son por excelencia os meses de máis visitas, vemos que Carboeiro segue confirmándose como un dos enclaves máis visitados da comarca”, indica a concelleira de Turismo, Ana Luisa González. Así, como xa contamos, no verán, un ano máis, terá horario estendido, e o vindeiro día 25 de xullo poderá ser visitado de balde.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: