Así era a guerrilla que fixo fronte ao facismo en Galicia, León e Asturias
Logo da victoria do fascismo no conxunto do estado español, moitos republicanos, comunistas, socialistas, anarquistas e nacionalistas botáronse ao monte. Entre decembro de 1939 e xullo de 1940 nos montes de Casaio, en Valdeorras , onde se atopa a principal base de operacións da guerrilla en Galicia, tal e como apunta Alejandro Rodríguez, colaborador de Historia de Galicia e que investiga e participa dos traballos arqueolóxicos de Sputnik Labrego acerca das singulares guerrillas do noroeste, nunha interesante entrevista en Lugo Xornal.
Alí coinciden tres grupos bastante definidos. A xente de Valdeorras e a zona do Bolo, fuxidos que non participaron na guerra e non chegaron a Asturias, pero que teñen un compoñente político claro, nalgúns casos foron concelleiros nas corporacións municipais de 1936. Cando triunfa o golpe, bótanse ao monte para sobrevivir.
Meses despois da caída da fronte chegan os primeiros grupos de milicianos que participaran da Fronte Norte, tanto do Bierzo como de Valdeorras. Van xuntándose e mesturándose para formar diferentes grupos.
E entre decembro de 1939 e xullo de 1940, prodúcese a chegada de dous grupos asturianos para unirse a esta confluencia, dende a militancia de base á estrutura militar, dando idea á Federación de Guerrillas de León-Galicia.
Segundo suliña Alejandro, a Federación de Guerrillas de León-Galicia ten ese mesmo senso, é unha organización totalmente unitaria, na que está prohibida a propaganda partidista, todos procuran a fin común que é loitar contra o fascismo. A partir da primeira metade da década dos corenta, no resto do Estado comeza a desenvolverse outro tipo de loita, totalmente dirixida e artellada polo Partido Comunista. Esa diferenza non se traballou aínda coa profundidade que require, sobre todo pola importancia que tivo a Federación.
Nace o Exército Guerrilleiro de Galiza
O intre de maior desenvolvemento coincide coa creación do Exército Guerrilleiro de Galiza. Algúns guerrilleiros dese exército formaran parte das estruturas da Federación, que como organización militar estaban divididos en tres agrupacións naquel momento: as correspondentes á comarca do Bierzo, á provincia de Ourense, e a terceira á provincia de Lugo e parte da Coruña.
Cada agrupación calcúlase que contaba con catro guerrillas; en cada sector había corenta ou cincuenta guerrilleiros, polo tanto, entre 120 e 150 efectivos reais. Podes ler toda a entrevista en Lugo Xornal.