fbpx
Petróglifos de Fontemoureira, O Freixo, Serra de Outes / megaliticia

Así son os petróglifos perdidos e redescubertos que ollaban cara o mar de Muros e Noia

Tempo de lectura: < 1 min.

Despois da limpeza da contorna de Fontemoureira, o Freixo, levada a cabo  este verán polo campo internacional Horta do Muíño do Concello de Outes, volveron redescubirse elementos patrimoniais que levaban anos ocultos e perdidos.

Trátase dunha grande riqueza de gravados espalladas polo afloramento granítico, consistentes en combinacións de círculos e coviñas. A extracción de pedra  posiblemente destruira fai tempo outros motivos existente nesta estación de petróglifos.

Nun valado dun monte cercano aínda se pode observar unha rocha con gravados de combinacións de círculos concéntricos. As fotos nocturnas de Alex Negreira permiten observar con detalle as figuras que case son invisibles durante as horas de día debido a grande erosión dos penedos en que se atopan.

Petróglifo nun valado en Fontemoureira, o Freixo, Serra de Outes / megaliticia – Alex Negreira

O seu significado podería ser máxico ou relixioso, venerando a idea da fertilidade, sen que se poidan refugar interpretacións que as relacionan coa mitoloxía, fenómenos astrolóxicos ou topográficos. En todo caso son testemuño das preocupacións espirituais das persoas daquela época, tan profundas como as nosas propias ideas sobre a vida e a morte.

Pode que che interese...