Un quad na illa do Areoso / illadearousa.com
Un quad na illa do Areoso / illadearousa.com

Como poden meter un quad na illa do Areoso, inzada de túmulos funerarios milenarios?

Un quad na illa do Areoso. Un vehículo motorizado de catro rodas, foi visto o pasado 23 de agosto no illote de Areoso. Unha ínsua de 600 metros de longo e pouco máis de 20 metros de ancho na súa parte máis estreita.

E que facía un vehículo destas características nesta illa?. Esa é a pregunta que se fan desde o portal web ailladearousa que pide que se tomen “medidas urxentes” para evitar estas situacións surrealistas e que se impoñan importantes sancións por estas “salvaxadas”.

Non é a primeira vez que en Historia de Galicia falamos das agresións ao patrimonio deste illotea última a principios de mes— considerado como a illa dos mortos debido a gran cantidade de túmulos funerarios milenarios que conserva, pero nunca unha agresión de tal calibre como a desta ocasión. E o certo é que os chamados quads son coñecidos polas importantes desfeitas que causan nos montes.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

1 Resposta

  1. 29 Agosto 2018

    […] comezos desta semana, HdG daba conta dunha situación insólita no illote do Areoso, un dos grandes espazos patrimoniais da Illa de Arousa, e que conserva numerosos restos de túmulos […]

A %d blogueros les gusta esto:

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: