Carballeira / foto SchwoazeCC0

Derrúbase parte do carballo “Casamenteiro” de Vilar de Francos, a piques de morrer

O carballo “Casamenteiro” de Artes, en Vilar de Francos atópase a piques de morrer. E é que de feito este venres ó mediodía, na xornada de arranque das festas patronais o unha parte considerable do carballo veuse a baixo constatando o que xa é unha realidade de feito, a súa morte inminente. É que da metade cara arriba do tronco vese o oco e carcomido en boa medida froito do paso dos anos. O carballo Casamenteiro é un exemplar dunhas enormes proporcións, localizado nesta parroquia, moi preto dun pazo, e posiblemente da mesma antigüidade que este senón anterior. Para os expertos podería ter máis de cinco séculos, aínda que hai quen considera que podería ter máis. O carballo leva este nome porque se lle considera milagreiro, sobre todo en temas de amores. É ademais unha das árbores do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia. A nova aparece recollida en La Voz de Galicia de hoxe.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: