fbpx
Castro de Benquerencia, en Barreiros, utilizado como un aparcadoiro de autocaravanas / Mariña Patrimonio

O alcalde de Barreiros sobre o aparcadoiro nun castro: “Iso é unha finca particular”

Tempo de lectura: < 1 min.

A polémica sobre o uso dun castro como aparcadoiro de autocarabanas chegou xa ao ámbito político. O alcalde de Barreiros, o popular Alfonso Fuente Parga, resaltou que se trata “dunha finca particular, nunca dun aparcadoiro municipal” e afirmou que “se é certo que iso é prexudicial e non debe pasar é Seprona quen debe actuar”.

En declaracións ao Xornal da Mariña, o rexedor admitiu que o goberno local non fixo ningunha advertencia aos turistas da presenza dun castro inventariado na zona, nin tampouco ningún aviso ao titular da propiedade.

ADEGA e Mariña Patrimonio denunciaron este martes no Seprona a utilización do Castro da Punta de San Pedro de Benquerencia, no concello de Barreiros (Lugo), como aparcadoiro de autocarabanas, tal e como xa publicou o HdG.

Segundo suliñan estas entidades, o castro é un ben patrimonial incluído no catálogo das Normas Subsidiarias de Planeamento do Concello de Barreiros e a súa cualificación urbanística é de solo non urbanizable de protección patrimonial. “As Normas Subsidiarias de Planeamento do Concello de Barreiros outórganlle ao Castro de San Pedro unha protección que consideramos que non é compatible co uso que se lle está a dar actualmente como aparcadoiro de autocaravanas nin como lugar de tránsito destes vehiculos, posto que esta práctica pode estar provocando danos no xacemento, un ben patrimonial protexido”. Máis na nova de XdM.

Pode que che interese...