Campamento romano de Penedo dos Lobos, en Manzaneda / romanarmy

Que segredos pode ocultar un campamento romano a 1.600 metros de altura?

Este luns 20 de agosto comezará a intervención arqueolóxica no campamento romano de Penedo dos Lobos (Manzaneda, Ourense), tal e como xa informou HdG. O obxectivo é entender o encaixe deste singular recinto no proceso de conquista e control do noroeste peninsular por parte do Imperio Romano.

A intervención ten por obxectivo documentar e estudar pormenorizadamente o que é un dos recintos militares de campaña mellor conservados do noroeste peninsular, realizarase do 20 ao 26 de agosto.

Está dirixido por João Fonte, investigador do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC, e nel participarán outros arqueólogos e investigadores do colectivo científico romanarmy, unha singular iniciativa de ciencia e divulgación que ten por obxectivos investigar a presenza militar romana no noroeste peninsular.

A campaña está promovida polo Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC, o concello de Manzaneda, e o Grupo de Investigación Síncrisis, do Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: