Imaxe do espectáculo / foto www.followthevikings.com

Queres ver un dos maiores espectáculos do do mundo sobre os viquingos?

El Follow The Vikings Roadshow é, segundo a propia organización do espectáculo, un  “Proxecto Europeo Creativo que celebra o impacto cultural e histórico dos Viquingos. Craig Morrison, o director creativo de Roadshow, encargou a varios artistas contemporáneos de toda Europa, incluídos actores, músicos bailaríns e cineastas a creación dunha celebración visual da herdanza viquinga”. Feita en vivo, ata o de agora, en tan so 12 lugares de Europa, cada espectáculo é único, e está ligado ó lugar no que se interpreta.

Nel se narra a vida e a época do poeta guerreiro Egill Skallagrímsson, un ferreiro e guerreiro viquingo protagonista dunha popular saga lendaria danesa. Egill é o guía dun rechamante espectáculo audiovisual que combina o teatro coa música e a danza. O espectáculo, que se fixo tan so en 12 cidades europeas, ten a particularidade de adaptarse ó lugar no que se exhibe, e empregar unha coprodución e parte dos seus artistas locais. Parte do interese do espectáculo está ademais na moderna tecnoloxía de proxección que emprega, misturada dun xeito novo e impactante.

The Roadshow “Follow the Vikings”, representarase tan so hoxe e mañá na vila de Catoira, no marco das celebracións da Romaría Vikinga de Catoira, e polo de agora son as dúas únicas actuacións que se farán na Península Ibérica. A entrada terá tan so o prezo de 2 euros, con venta anticipada na Biblioteca Municipal e na billeteira os días de función. Follow the Vikings é o prato forte da Feira Vikinga deste ano, farase dentro da semana previa ó desembarco, na que todos os anos se desenvolven importantes interpretacións teatrais.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: