Facultade de Medicina da USC / USC

Tres pinturas da Facultade de Medicina de Santiago volverán ó Museo del Prado

Recollíao no día de hoxe El Correo Gallego, tres pinturas da histórica Facultade de Medicina da USC serán “rescatadas” polo Museo del Prado. E é que a Facultade, como o resto das facultades históricas da Universidade, como é o caso de Historia, albergan no seu interior importantes obras pictóricas mercadas ou promovidas durante os seus anos de bonanza económica. Moitas delas son dunha notable calidade, e non so de artistas galegos senón de pintores de diferentes lugares de España. Ademais coa colaboración histórica entre institucións moitas delas foron cedidas a museos e outras auspiciadas por eles e mantidas en depósito nas facultades.

Mais as vetustas facultades galegas, a diferencia doutros lugares da península teñen importantes problemas para manter un grado de humidade relativo adecuado para a conservación de determinadas pinturas. E é por isto polo que o Museo del Prado decidiu trasladar a Madrid tres pinturas que tiña en depósito na facultade e substituílas por outras dun valor menor. Pois as pinturas atopábanse xa moi deterioradas e afectadas pola humidade. Non transcendeu cales foron estas tres pinturas, pero si que o traslado foi o pasado mes de maio e que o equipo de restauración do museo xa se fixo cargo delas.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: