Campamento romano de Penedo dos Lobos, en Manzaneda, unha vez rozado / romanarmy.eu

Vídeo: Así é o campamento romano máis antigo localizado por agora en Galicia

A intervención no campamento romano de Penedo dos Lobos (Manzaneda, Ourense) permitiu descubrir a presenza militar romana máis antiga documentada ata o momento no territorio da actual Galicia, e que podería vincularse cronoloxicamente á época das Guerras Cántabro-Astures.

No transcurso dunha campaña arqueolóxica levada a cabo polo colectivo romanarmy.eu e dirixida polo investigador do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC João Fonte foi localizado material militar romano, entre o que se atopan as características chatolas das sandalias romanas (caligae) e moedas acuñadas por Publio Carisio (quen fora legado doprimeiro emperador Octavio Augusto durante as Guerras Cántabro-Astures) entre o 25 e o 22 a.C. para pagar aos lexionarios que participaban nas campañas bélicas.

E esta son as impresionantes imaxes aéreas de como é ese campamento:

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: