Castro de Saceda, en Cualedro / https://castrosaceda.wordpress.com/

Así é o castro de Saceda, descuberto nos 80 e que ten dous menhires na porta

O Castro de Saceda, en Cualedro, está situado a 800 metros de altitude sobre o nivel do mar. E o que máis chama a atención son as dúas grandes pedras, a xeito de menhir, que ten na porta principal do castro, que segundo os investigadores marcan o inicio deste castro cuxa ocupación abrangueu dende o s. IV a.C. ata o I d.C.

Ten varias murallas ou foxos e a croa, onde están as dúas pedras fincadas, está circundada por unha muralla de forma ovalada construída con grandes blocos graníticos. Nas escavacións atopouse unha placa dun cinto decorada con clásicos entralazados celtas, material e herramintas de ferro, por exemplo unhas tenazas, coitelos de ferro, tres moedas romanas de prata do 79a.c, do 44a.c, e do 14 d.c. ou un anaco da perna dun guerreiro realizada en pedra.

40 anos despois do seu descubrimento, o castro de Saceda inicia un lavado de cara. Ás numerosas visitas que recibe o único castro declarado Ben de Interese Cultural da Provincia de Ourense, súmanse estes días a de arqueólogos e restauradores. Nas últimas semanas este poboado fortificado é motivo de intervención por parte de técnicos especialistas que traballan na musealización do monumento co fin de facelo máis accesible e didáctico.

Entrada ao castro de Saceda, en Cualedro / espacioabierto.es

Preparalo para as visitas

Nesta ocasión a prioridade é preparar o monumento para potenciais visitantes. Actuacións de restauración de cabanas e murallas milenarias, xunto co deseño dun itinerario guiado, acompáñanse da instalación de abundante cartelería informativa e interpretativa.

Na actualidade desenvólvense os primeiros traballos de escavación arqueolóxica complementaria e restauración. “No próximo mes de outubro instalaranse os paneis e antes de que remate o ano o Castro da Saceda presentará o aspecto que merece un dos lugares máis espectaculares de Ourense”, apuntan desde o concello.

“O noso obxectivo é, toda vez rematadas as actuacións previstas para este ano, presentar un proxecto para desenvolver a cargo do 1% Cultural do Ministerio de Fomento. Temos que aproveitar a avantaxe competitiva que nos concede ser o único castro BIC de Ourense. A cargo desa partida pretendemos facer máis actuacións no propio monumento como acondicionar a súa contorna, accesos, etc. “, apunta Luciano Rivero Cuquejo, alcalde de Cualedro.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: