fbpx
Mulleres na feira de Palas de Rei en 1961. Os zocos seguían sendo o calzado de boa parte das xentes da aldea nesa época / Galicia Agraria

Cando as zocas eran un xeito de vida en Galicia

Tempo de lectura: 2 min.

O investigador Jose M. Salgado realizou un traballo para coñecer de primeira man o legado dos zoqueiros en Lugo. Mediante este proxecto puxo en valor un dos grandes elementos etnográficos da cultura popular galega, pero tamén constatou que o calzado tallado en madeira atopase en moitas partes do mundo e particularmente en Europa, onde predomina a climatoloxía atlántica e os invernos húmidos.

Algún exemplos deste calzado son os sabots franceses, os klompen holandeses, e naturalmente, as zocas galegas ou madreñas asturianas. A súa orixe é escura as zocas máis antigas conservadas ata agora datan no s. XIII, e aparecen en Amsterdan e Rotterdam. Ata non hai moito tempo as zocas eran calzado obrigado na agricultura, nas minas ou nos portos, e en moitos países asociase ademais dun modo especial coas clases traballadoras.

En terras hispanas as zocas ou madreñas ou albarcas estiveron presentes na cultura tradicional ata hai poucos anos. E en Galicia, con variantes comarcais debidas a modismos ou ao estilo que desenvolvían algúns artesáns, foron utilizadas desde o nivel do mar, nos labores portuarios ata na alta montaña luguesa.

A provincia de Lugo, especialmente foi a terra de zoqueiros por excelencia. Seguramente debido á existencia de comarcas proclives aos chans permanentes húmidos e a abundancia de bidueiros, a arbore de onde se obtiña a materia prima, como é o caso da Terra Chá.

Exposición

E para destacar este gran traballo artesán, inaugurouse este martes, na Capela de Santa María de Lugo, a mostra “Cos pés na terra”, unha colección que recolle o traballo de 24 zoqueiros e galocheiros lucenses, e na que se fai unha revisión do legado destes artesáns coa presentación de zocas, pezas e ferramentas con medio século de antigüidade. No acto estivo acompañado polo director do proxecto, Jose M. Salgado, alcaldes da Provincia, así como todos os zoqueiros que participaron na mostra e que recibiron un diploma de recoñecemento da súa traxectoria profesional.

“O Goberno da Deputación quere amosar ao mundo o peso que tivo noutro tempo o oficio de zoqueiro no conxunto da provincia, e do que aínda se poden extraer moitas leccións importantes. Esta mostra, recolle pezas e as ferramentas de 24 artesáns dos Concellos de Alfoz, a Fonsagrada, Pastoriza, Cervantes, Cospeito, Castro de Rei, Guitiriz, Navia de Suarna,Valadouro e Vilalba”, sinalou a deputadade de Cultura, Pilar Garcia Porto.

Mestres Artesáns da Provincia

Os artesáns que conforman esta exposición son unha pequena mostra do peso que tivo noutro tempo o oficio de zoqueiro no peso da provincia, e do que aínda se poden extraer leccións moi importantes. Os 24 que participaron nesta mostra recibiron un diploma como Mestre Artesán da Provincia, en recoñecemento ao seu traballo e sobre todo ao seu legado, foron os seguintes;

Xose Vázquez Ocampo (Vilalba, 1945)

German Anllo Falcón (Cospeito, 1926)

Flaminio Fernández López (A Fonsagrada, 1926)

Norberto Piñeiro Pernas (Vilalba, 1926)

Abel Losada López (Guitiriz, 1936)

Baldomero Fernández López (Navia de Suarna, 1933)

Albino Rodríguez López (Cervantes, 1934)

Francisco Cadenas Fernández (Cervantes, 1931)

Gonzalo Teijeira Abelleira (Castro de Rei, 1929)

José Morán Anllo (Cospeito, 1935)

Benjamín e Plácido Souto Gato (Vilalba, 1920 e 1924)

Justo Diaz Yáñez (Navia de Suarna, 1933)

Alberto e Secundino Geada (Alfoz, 1980 e 1936)

Francisco García Carreiras (Cospeito, 1943)

Francisco Morán Crecente (Cospeito, 1935)

Eduardo Rouco Fernández (Valadouro, 1931)

Ramón González Fernández (Valadouro, 1922)

Benedicto Seivane Rivas (Pastoriza, 1931)

Jose Antonio García Fraga (Alfoz, 1945)

Jesús Fernández López (Navia de Suarna, 1930)

Leonardo Villamel López (Pastoriza, 1928)

Ramón Carreira Carreira (Vilalba, 1941)

Pode que che interese...