3. Ara Gael. 1922. A Nosa Terra, 25 de Xullo de 1922. Legado de Isaac Díaz Pardo

Cando o mundo celta chegou á arte galega

“O celtismo na creatividade galega do século XX”. Ese é o nome da conferencia que a historiadora da Arte e colaboradora deste medio Iría- Friné Rivera Vázquez impartirá o vindeiro xoves en Portas Ártabras (A Coruña) e no que falará sobre a creación dunha iconografía celta a partir dos anos 20, que deu unha imaxe ao país e que respondía ao espírito da sociedade galega contemporánea.

Partindo da obra de Camilo Díaz Baliño dende 1919, pinturas súas como o Tríptico dos Homes de Brigantia ou o gravado Ara Gael , foron a semente dunha linguaxe simbólica que tivo un forte impacto en artistas coetáneos como Alfonso Daniel Rodríguez Castelao ou os escultores Uxío Souto e Francisco Asorey.

Pero esta linguaxe non so constituíu unha innovación artística, senón tamén intelectual polas fortes influencias da poesía de Eduardo Pondal, filosófica pola filtración dos conceptos estéticos de Vicente Risco, histórica pola reversión das connotacións barbáricas atribuídas aos celtas na Antigüidade polos autores latinos e visual pola reinvención vangardista das imaxes románticas centroeuropeas do séculos XVIII e XIX.

Un enfoque que continuaría dende os anos 40 con artistas como Carmen Gómez Pérez-Neu, Urbano Lugrís, Luís Seoane ou Isaac Díaz Pardo, que produciron algunhas das imaxes célticas mais icónicas da arte galega.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: