Monte Pindo desde o miradoiro do Ézaro / turismodegalicia.gal

Este é o mirador desde o que Sarmiento describiu o “antigo” Monte Pindo

Durante as súas viaxes a Galicia, o Pai Sarmiento foi tomando notas do seu percorrido. E nunha destas viaxes parou na parroquia mazaricá de Arcos. Concretamente, desde o lugar de Enxilde, fai a seguinte descrición:

Mirando desde o mesmo lugariño de Enxilde e ó mediodía vese de fronte o monte Pindo, que non é tanto un monte empinado, máis unha serra, cadea ou retablo de montes unidos que fan á vista unha figura máis fermosa que a montaña de Monserrat. De feito convenlle o nome de Monte Pindo; e penso que será antigo, e que se lle poría a imitación do da Grecia”.


Isto era o que divisou o pai Sarmiento cando describiu parte da paisaxe da Costa da Morte / Concello de Mazaricos

Hoxe, ademais do fermoso monte Pindo tamén se pode ver o encoro de Santa Uxía e Fisterra, alá ao lonxe. E, para poñer en valor este lugar e afondar na paisaxe como un dos valores estratéxicos de Mazaricos, o concello acometeu tarefas de acondicionamento desta zona que habilitou como mirador con área de recreo polas súas fermosas vistas.

“É outro chanzo na nosa aposta por un turismo respectuoso e sostible. O lugar presenta un alto potencial como espazo natural… E non só é importante pola cuestión paisaxística senón tamén histórica”, dixo o rexedor Juan José Blanco Riveiro.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: