Torres da catedral de Santiago no lusco e fusco / turismodecompostela.com

Xunta e Estado subvencionan con 17 millóns as obras da Catedral de Santiago para o Xacobeo 2021

A Fundación Catedral percibirá 17 millóns de euros do diñeiro dos cidadáns a pesar da súa decisión de cobrar 10 euros por visitar o Pórtico da Gloria. Será ao abeiro do convenio entre o Ministerio de Hacienda, a Consellería de Cultura e Educación, o Cabido do Conxunto Catedralicio e a Fundación Catedral. O obxectivo é “chegar ao 1 de xaneiro de 2021 nas mellores condicións para celebrar vindeiro Xacobeo”.

De feito, está previsto licitar no 3º trimestre deste ano actuacións por máis de 11.700.000 euros, o que comportará un 70% de execución prevista. En concreto, prevese restaurar os paramentos verticais da xirola e dos paramentos interiores e bóvedas da nave central, transepto, naves laterais e triforio. Tamén habera’unha actuación nas cubertas do templo, que inclúen a nave principal e o cruceiro; a restauración da fachada sur e oriental do claustro, da torre do tesouro e das cubertas da devandita ala oriental do claustro; e, finalmente, a restauración das cubertas da ala norte do espazo claustral.

Clave do Cruceiro da catedral de Santiago / foto José Luiz CCBy Wikimedia

Ao respecto das obras de rehabilitación da Catedral, o titular de Cultura explicacaba hai uns días que desde o principio, a Fundación Catedral e a Xunta de Galicia crían que era necesario informar e explicar os pasos que se ían dando durante esta posta a punto da basílica compostelá. “Entendemos que este era un camiño que debíamos compartir coa cidadanía galega porque, desde o punto de vista da xestión do Patrimonio, a Fundación Catedral de Santiago é, en moitos aspectos, un referente tanto no ámbito nacional como internacional”, dixo Román Rodríguez.

Esta mesma semana o DOG publicaba a contratación das obras de restauración das cubertas do templo, nave principal e cruceiro da catedral por un valor de 2.042.935,98 € e un prazo de execución: de18 meses. Un anuncio que coincide coa polémica de cobrar 10 euros pola visita ao Pórtico da Gloria.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: