fbpx
Unha pola de Carballo / foto CocoParisienneCC0

A intensa nevarada provoca a morte dun dos carballos máis senlleiros de Cervantes, o do Caroco

Tempo de lectura: < 1 min.

Morre o Carballo do Caroco da praza do Campo de Quindous no concello de Cervantes. O centenario carballo, que formaba parte do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia e que era unha das árbores que se conservan na praza, cedeu ante a intensa nevarada da fin de semana, partindo o seu tronco, ata o de agora oco pero en pé, en varios anacos. A causa foi o temporal de neve dos pasados días que colleu o carballo aínda coa follaxe do verán e que non puido soportar o peso sobre as súas polas aínda cubertas. A nova a recolle a edición de Lugo de La Voz de Galicia.

Pode que che interese...