As plantacións de eucaliptos son un dos maiores perigos aos que se enfronta o megalitismo galego / inter.rev.foroactivo.com
As plantacións de eucaliptos son un dos maiores perigos aos que se enfronta o megalitismo galego / inter.rev.foroactivo.com

A titánica loita duns comuneiros para evitar que o eucalipto acabe co patrimonio cultural e natural

A Comunidade de Montes de Taboexa quere erradicar o eucalipto. Logo dos pavorosos lumes de outubro de 2017 que case que arrasaron este concello e boa parte do seu patrimonio histórico e natural non queren que a traxedia se repita.

Por iso, decidiron facerlle fronte a expansión incontrolada dos eucaliptos con xornadas de deseucaliptización e tamén retirando os poucos pes que existían na comunidade ue estaban aínda verdes, sen queimar.

O día 15 do mes pasado unhas decenas de persoas conseguiron xa deixar libre de eucaliptos case 14 hectáreas de monte comunal, zonas escollidas moi próximas a lindes cos terreos particulares e zonas con especial interese como a dos petróglifos da Coutada.

Xornada de deseucaliptización da Comunidade de Montes de Taboexa, nas Neves / remitida

Nova acción o sábado 27

O vindeiro sábado 27 de outubro dende as 9 da mañá e ata mediodía continuarán co proceso para eliminar a proliferación de eucaliptos no Castro de Altamira, o Mouro, as Pozas do Monte e, se poden, aínda máis lugares priorizando sempre os terreos máis próximos a poboación e a elementos a conservar como os arqueolóxicos ou os nacentes de auga.

Oscar González, Presidente da Comunidade de Montes de Taboexa, destaca que esta comunidade nunca foi produtora desta especie pero logo dos lumes do 2017, “aínda menos”. “A experiencia dinos que, a pesar de que aquel foi un día de moito vento, que saltou de Portugal, pero se só houbera vento e non eucaliptos seriamos quen de paralo”.

Hórreo queimado en Ourense na vaga de lumes de outubro de 2017 / FB O Sil

Os perigos do eucalipto

“En segundos ou minutos o lume prendía a 500 metros de distancia por mor das faíscas desta árbore”, lembra. González suliña que o eucalipto o único para o que é bo é para o mel, pero tamén ten claro que, economicamente, hai outras especies e usos do monte máis rendibles como o castiñeiro.

“O eucalipto desertiza a terra, cambia as propiedades das augas, as raíces rompen e atrancan tubaxes…”, indica. Por iso, aclara que coa “deseucaliptización” da súa comunidade de montes tentan concienciar ao resto da sociedade da importancia de coidar os montes galegos.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: