fbpx
Unha máquina pesada --desbrozadora de cadeas-- arrasou unha das mámoas de Mougá, en Doniños, Ferrol / Xabier Moure
Unha máquina pesada --desbrozadora de cadeas-- arrasou unha das mámoas de Mougá, en Doniños, Ferrol / Xabier Moure

A Xunta aproba un decreto para favorecer á industria da madeira e ás grandes desbrozadoras que danan o patrimonio

Tempo de lectura: 2 min.

O Goberno da Xunta aprobou un decreto para facilitar a tramitación de permisos para que particulares, pero principalmente as madeireiras, axilicen a corta de determinadas especies arbóreas, sobre todo, aquelas de crecemento rápido como o piñeiro, o eucalipto ou a acacia.

Este novo decreto terá un forte impacto nas zonas agora protexidas para as tallas de madeira, e tamén para os lugares nos que se atopen bens patrimoniais como mámoas, petróglifos, castros ou dólmenes, entre outros ben. Ata agora, nas áreas protexidas había que pedir notificación para realizar esta actividade pero, a partir de agora, a Xunta só esixirá notificacións en determinados espazos.

Petróglifo da Forneiriña 2 afectado por maquinaria pesada / A Forneiriña

Espazos protexidos

Deste xeito, as madeireiras poderán cortasr este tipo de especies de crecemento rápido nas beiras de estradas autonómicas protexidas, en determinados espazos da Rede Natura e no tramo de entre 5 e 100 mentros de leitos de ríos na conca Galicia-Costa, que depende da Xunta.

Unha medida que o presidente galego defendeu para “disminuír a burocracia”. De feito, co novo sistema de notificación, os madeireiros poden xa realizar tallas sen que se comprobe o terreo sobre o que van a actuar ou os posibles danos que poden causar.

Mámoa desfeita en Oza-Cesuras por maquinaria pesada ano e medio despois de sufrir outra agresión / Xabier Moure

Grandes desbrozadoras

Precisamente, este é o principal problema que existe coa destrucións de bens catalogados ou non catalogados que se atopan cubertos por masas forestais xa que moitos deles, tal e como xa temos contado Historia de Galicia, son vítimas das grandes máquinas desbrozadoras que non teñen en conta que, ademais de madeira, tamén arrasan co patrimonio que hai oculto.

O Goberno de Feijóo xa aplicara esta medida nos lugares non protexidos grazas a Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais, ou “Lei de depredación industrial”, como a coñece a oposición, e que tamén se utilizou para a autorización de proxectos mineiros e eólicos. Podes ler toda a información en GC.

Pode que che interese...