Vigo 1901 / detalle do cartaz da exposición

Así era o Vigo de 1901

Foi en xuño de 1901 cando un grupo duns dous mil cidadáns portugueses de Porto, Viana e Barcelos visitaron a cidade de Vigo invitados polo Concello. Chegaron á cidade co obxectivo de estreitar os lazos entre Galicia e Portugal e de achegarse á cultura da cidade ó norte da raia. Antes unha delegación viguesa visitara tamén a cidade de Porto con semellantes intencións iniciando unha primeira viaxe de confraternización. Un deles foi Aurelio da Paz Reis, unha das figuras pioneiras do cine en Portugal, quen aproveitou a viaxe para fotografar e filmar a cidade do país veciño.

Vai uns anos, o investigador José Luis Mateo atopou as imaxes tomadas por Aurelio durante unha pescuda sobre as relacións Portugal-Galicia no Centro de Fotografía de Porto. A familia do cineasta lle cedeu o arquivo ó investigador e agora o conxunto de fotografías e filmacións tomadas na viaxe poden verse nunha exposición no Instituto Camões da cidade. A exposición Vigo na aurora do século XX. Un olhar inédito. A excursâo a Vigo em 1901 poderá verse ata o 14 de novembro no horario habitual do centro.

A exposición recolle unha colección inédita de imaxes e recortes de prensa sobre á cidade olívica daquel limiar do século XX. Edificios señoriais, escenas urbanas, traxes de época, mostras do urbanismo, personaxes históricos da cidade, forman parte dun interesante mostrario para coñecer do lugar naquel momento, entre outros. A exposición ademais de mostrar o Vigo da época ten por obxectivo revalorizar as relacións históricas entre Vigo e Portugal a través daquela pasaxe de irmandamento. Tamén arredor da mostra farase a proxección dos filmes así como conferencias sobre a histórica viaxe.

Paisaxe da ría de Vigo na actualidade / CC0

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: