Así quedou un tramo do Camiño Primitivo ao seu paso pola Fonsagrada tras unhas obras da propia Xunta / Foro do Camiño

Así quedou o Camiño Primitivo tras unha brutal reforma que fixo a propia Axencia de Turismo da Xunta

Maquinaria pesada, nivelado do terreo, cimentación con sumidoiros, recheo con cascallo e xabre. Son parte das desfeitas que fixo a Axencia de Turismo de Galicia nun tramo do Camiño Primitivo entre os lugares de Vilardongo e Pedrafitelas, na Fonsagrada.

Os feitos foron trasladados polo Foro do Camiño á organización de vixilancia do patrimonio ICOMOS, vencellada a Nacións Unidas. O Foro, que integra a trinta colectivos a prol dos itinerarios xacobeos, censura “a construción dun novo Camiño de Santiago no século XXI” a cargo da Axencia Galega de Turismo da Xunta. Estas actuacións son habituais dende hai dous anos, chegando a alterar ata tres veces o mesmo treito, segundo recolle Lugo Xornal.

“Esta nova e gravísima modificación da arquitectura e paisaxe do Camiño Primitivo conleva a perda irremisible da súa memoria inmaterial asociada á vía milenaria tradicional, así como do seu valor histórico e cultural”, denuncia o Foro.

Así, denuncian que o proceso de pavimentación implica a “uniformización e desnaturalización” da ruta de peregrinación a Compostela, “perdéndose definitivamente o fío condutor co pasado, a súa diversidade, integridade e autenticidade”. A construcción deste novo camiño de cemento por riba da traza medieval traspasa os límites de reforma, polo que se solicita a ICOMOS promover a aplicación dos criterios de protección.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: