fbpx
Fonte de San Vicent na no San Froilán / fonte CRTVG

O San Froilán remata con varias agresións ó patrimonio

Tempo de lectura: < 1 min.

O San Froilán é unha das festas máis importantes do outono galego e unha das máis desfrutadas todos os anos entre lugueses e visitantes. Á boa comida, á música, á festa, este ano engadíuselle un triste compañeiro, o vandalismo contra o patrimonio cultural da cidade. E é que se a pasada semana dábamos conta no xornal de novas danos na fonte de San Vicente, na praza do Campo, por mor da inconsciencia de dous rapaces, nos últimos días debemos engadir danos na propia muralla e no espazo musealizado da Domus do Mitreo.

O primeiro dos feitos aconteceu a semana pasada, cando a fonte da praza do Campo, unha impoñente fonte histórica de época barroca, foi vítima da inconsciencia de dous espontáneos que durante a actuación dunha charanga decidiron subir a ela e bailar agarrados á escultura de San Vicente. A imprudencia causou fendas no monumento na parte mais estreita do seu toro, recordando á unha actitude semellante acontecida vai case dous anos na que a figura do santo acabou esnaquizada no chan. Afortunadamente nesta ocasión o susto non pasou dunhas fendas pero a actitude dos mozos puxo en perigo unha vez máis o importante surtidor.

Mais. días despois, durante a fin de semana foi a quenda da propia muralla, Patrimonio da Humanidade. Foi no tramo da praza de Santa María, xusto ó pé da propia fachada da catedral, onde habitualmente se acondiciona unha carpa para a festa. Nesta ocasión, e tras a noite de esmorga, o monumento apareceu con varias pedras arrincadas e coas fiestras arqueolóxicas que iluminan a Casa do Mitreo completamente esnaquizadas. Polo que semella, estes cristais de vidro de seguridade de gran ancho, elevado prezo e cunha antigüidade inferior a un lustro, deberon ser golpeados repetidamente coas pedras arrincadas da propia muralla.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...