Os museos de Lugo no epicentro da Museoloxía Social internacional
Os museos da Deputación de Lugo serán sede da XIX Conferencia Internacional de MINOM 2019 (Movemento Internacional para Unha Nova Museoloxía), durante o terceiro trimestre do ano que vén. Por medio desta xuntanza, os museos da rede vanse converter nun lugar de encontro de prestixiosos profesionais de museos de todo o mundo, cuxos debates e conclusións colocarán a Lugo no epicentro da Museoloxía Social internacional.
O Movemento Internacional para Unha Nova Museoloxía é unha rama do Consello Internacional de Museos (ICOM) que busca que as institucións museísticas xeren accións patrimoniais nas que se impliquen aos colectivos sociais. O Museo de Tor custodia xa todo o seu fondo documental orixinal, que recolle o conxunto do seu traballo en defensa do acercamento antropolóxico ao patrimonio.
Sobre esta situación, a deputada de Cultura da deputación lucense, Pilar García Porto, destacou que esta decisión do MINOM supón un recoñecemento a nivel internacional do traballo realizado nos últimos anos pola Rede Museística da Deputación de Lugo, así como a proxección mundial desta rede, pioneira a nivel de Galicia no eido da Museoloxía Social.
O MiNOM recoñeceu xa a labor social desta institución provincial elixíndoa a nivel mundial para custodiar o seu arquivo documental. Son, por exemplo, documentación dos seus encontros, reunións e congresos internacionais ou as memorias e dossieres de grandes pensadores mundiais da museoloxía social, como Hugues de Varine e Pierre Mayrand. Son exemplo disto os programas Fotografía a Cegas, Nós+Outrxs ou Culturas en Diálogo, entre outras.
A Deputación de Lugo é a única institución en España que traballa de xeito permanente dende os catro museos provincias con este modelo de sociomuseoloxía, que comparte co MINON. Trátase dun modelo que estudan 9 universidades e 11 países e que fixo da Rede Museística Provincial un referente na corrente da Museoloxía Social en Europa.