fbpx
San Xian de Moraime / foto Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga) Wikimedia CCBy

Pílulas históricas: o descoñecido e interesante mosteiro de San Xian de Moraime

Tempo de lectura: 2 min.

A tres quilómetros da vila de Muxía, o pé da estrada xeral que da acceso á vila e á beira dun dos areais máis espectaculares desta zona da Costa da Morte, atópase a parroquial de San Xian ou San Xulián de Moraime. A igrexa é un templo románico do século XII que na súa orixe formaba parte dun mosteiro bieito dos máis importantes da rexión. A igrexa é célebre pola súa singular imaxe, un dos exemplos máis completos de templo medieval, así como polas súas pinturas renacentistas, recentemente restauradas. Tamén, tal e como comentamos noutro artigo, nunha escavación levada a cabo por Chamoso Lamas en 1972, atopáronse restos dunha antiga vila romana.

Segundo a documentación histórica a súa orixe estaría nun cenobio do século XI, pertencente ós Condes de Traba, que pouco despois se convertería nun mosteiro bieito, e, tras un saqueo almorábide a comezos do século XII, ergueuse a súa fábrica actual. Aparece frecuentemente nomeado en diversas doazóns dese século. Conserva unha excepcional fábrica da segunda metade do século XII con tres naves e tres ábsidas semicirculares, con portadas inspiradas nas da catedral compostelá e unha torre medieval de campás. No renacemento pertenceu ó mosteiro de San Martiño Pinario primeiro e despois ó mosteiro de San Bieito de Valladolid e dese momento datan as súas espectaculares pinturas murais que cobren todo o interior do templo cun singular programa.

Detalle das pinturas do século XVI de San Xián de Moraime / Ferreiro-La Voz

Pode que che interese...